Tuesday 14 de May de 2024

O Praia Club da Coruña acolle o concerto dos finalistas en música do programa Xuventude Crea


O talento da xente nova encheu esta tarde a sala de concertos do Praia Club, que acolleu a fase final do programa Xuventude Crea 2023 na modalidade de Música.

Os finalistas interpretaron en directo as oito pezas musicais que chegaron a esta fase, que contou coa presencia da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel. Na edición deste ano desta modalidade presentáronse 16 obras.